Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Agosto 2008

Vicky Núñez traballa durante todo o ano nunha academia de apoio para os estudantes que necesitan axuda para aprobar as súas materias. O establecemento, como non podía ser doutra maneira, permanece aberto no verán, e nesta época as cousas cambian. A profesora explica os aspectos fundamentais do funcionamento estival deste tipo de negocios.

-¿Tendes máis alumnos no verán que durante o curso escolar?

-Si, xa desde xullo hai moita xente que vén para preparar os exames de setembro. Pero nunca faltan alumnos, a partir de marzo xa se incrementa o número polos controis finais, e en xeral hai clases de apoio durante todo o curso.

-¿En que se diferencian estas das que se imparten estos meses?

-Durante o curso traballamos máis en función dos contidos que lles van explicando nos colexios ou institutos. Traballamos en función do ritmo que leven os seus profesores cun temario que, agora en verán, nós temos que concentrar en dous meses, facendo o noso propio programa.

-E buscando que aproben.

-Exacto. Ese é o obxectivo principal, porque non dá tempo a moito máis tendo que conta que moitos rapaces empezan de cero despois de todo o curso. Ás veces, aínda mellorando moito, non conseguen aprobar en setembro, porque partían dun nivel moi baixo.

-Daquela, ¿os resultados non adoitan ser satisfactorios?

-En xeral hai bos resultados, pero non sempre e depende dos casos. A xente que vén durante o curso vaille mellor, aínda que ás veces aproban en xuño as materias que prepararon aquí durante o curso e logo veñen no verán con outras distintas. De tódolos xeitos, as melloras que se experimentan, aínda cando non serven para aprobar, son positivas para afrontar o novo curso, para ir tendo unha base que lles faltaba cando viñeron aquí.

-¿De que edades son os alumnos?

-Desde 1º de ESO ós que preparan Selectividade. En verán tamén veñen algúns de 5º e 6º de Primaria, e váiselles preparando para a ESO, porque moitas veces supón un salto moi importante para eles, especialmente cando non contan coa preparación axeitada.

-¿E como afrontan os alumnos o ter que pasar o verán metidos nunha academia?

-De entrada estudar non gusta. Pero aquí pasámolo ben, tanto eles coma nós, hai moi “bo rollito”, pero sen esquecer as normas e a disciplina cando é necesario.

– Moitos profesores de escolas e institutos están en contra deste tipo de academias. ¿Entende a súa postura?

– Penso que desde aquí vemos outra cara da moeda dos alumnos. Nos institutos terían que valorar os problemas que ten o sistema educativo para que veñan nenos sen base, que chegan a primeiro de ESO sen saber multiplicar. Se non se cubriron uns obxectivos mínimos non se debería pasar de curso, e cando se fai nós somos unha alternativa de axuda máis personalizada que quizais o profesor non lle pode dar a ese alumno. Nós traballamos en función do que fagan os seus profesores, somos uns mandados. Eu podo pensar que era mellor explicar un contido dunha maneira distinta a como se fixo, pero cíñome a eles, non temos interese en crear ningún tipo de conflito, porque así tampouco se lle fai ningún favor ó alumno.

Read Full Post »

Un verán en busca do cinco

Para algúns estudantes da ESO e Bacharelato, o verán tradúcese en vacacións e praia. Pero outros moitos tieñen que esforzarse, case sempre presionados polos pais, para acadar os aprobados que non chegaron en xuño. As academias son a axuda escollida pola maioría, o que fai que estean nestas datas “ata a bandeira”.

“Hai que empezar con eles desde cero”

Nos meses de xullo e agosto, os clientes destes establecementos medran, pero non é tanto o número o que muda coma a tipoloxía do alumnado. “En verán vén xente con máis carencias escolares. Non presentan dúbidas concretas, hai que empezar con eles desde cero e concentrar en dous meses o temario de todo un curso”, observa Dolores Regueiro, profesora da academia viguesa Gauss. E é que a vagancia e a falta de traballo e interese, non necesariamente de capacidade para o estudo, adoitan estar detrás do fracaso escolar. “Hai desde alumnos que tieñen una soa ata os que que preparan tódalas materias para setembro”, explica Vicky Núñez, profesora da academia Encinas, en Vigo.

A importancia das normas
Todos coinciden na necesidade de impoñer unhas normas claras de cara a conseguir o obxectivo destes cursos de verán. Desto saben moito na academia Barreiro, que funciona en Vigo desde 1958, sendo a máis popular da cidade. “¿Rebeldía? Os críos son o que se lles ensina, de maneira que aquí non temos ese problema”, afirma Enrique Barreiro, director da escola. A disciplina é fundamental neste centro, no que diariamente se califica o traballo dos alumnos, así como se controla a súa asistencia e puntualidade, de modo que “os pais poden coñecer a marcha dos seus fillos en calquera momento e tantas veces como desexen”, en palabras de Barreiro. “É un centro moi duro, non poden falar en clase nin relacionarse cos compañeiros dentro da aula. E así estudan. É a única maneira”, comenta Alfonso, pai de dous fillos de 16 e 18 anos que preparan en Barreiro os seus exames de setembro.

Moitos alumnos vense na obriga de estudar en verán.

Moitos alumnos vense na obriga de estudar en verán.

“Traballar e estudar non gusta, pero pásano ben na clase”
Na academia Encinas o ambiente é algo máis distendido, aínda que sen esquecer as normas. “De entrada, traballar e estudar non gusta. Pero hai buen rollo e pásano ben na clase… Ás veces mesmo demasiado ben”, recoñecen desde o centro. “Pero tamén facemos exames e controis. É moi importante ser estritos cando é necesario”, engaden.
Entre os alumnos, a tónica xeral é a resignación. Algúns ven aspectos positivos como facer novos amigos e, claro está, a axuda que se lles ofrece para conseguir aprobar en setembro. Pero aquelo de “veño porque me obrigan meus pais” é a frase máis repetida polos mozos ós que lles toca hincar os cóbados nunhas vacacións que, deste xeito, practicamente deixan de selo.

Os pais valoran “a disciplina das academias”

Nai dun fillo de 15 anos que cursou 3º de ESO, quedándolle suspensa a materia de Matemáticas, Lisabeth Rojas decidiu matriculalo este verán na academia Barreiro, da que di ter “unha excelente opinión”. Lisabeth, de nacionalidade venezolana, cre que  “nos colexios falta a disciplina que hai aquí”, xa que neste centro “funcionan cunhas normas particulares, esíxenlles esrtudar e esfórzanse para evitar ter que vir polas tardes en horario extra”. Isto non significa en ningún caso que os alumnos non reciban un trato correcto.  “Hai esixencia, pero trátanos moi ben, con educación e sen gritar nin maltratalos xamais”, recalca Armando Novella, pai doutra filla da mesma idade e tamén alumna de Barreiro.

Os máis novos ainda non chegaron á ESO

Os máis novos aínda non chegaron á ESO

Os alumnos confórmanse “con acadar o cinco”

Santiago, de 18 anos, acode a Barreiro obrigado polos pais. “O normal”, como el mesmo afirma. Tamén coma en moitos outros casos, non é a primeira vez que recorre a este tipo de servizos. Son maioría, así mesmo, os que recoñecen que de terse esforzado un chisco máis poderían “ter evitado pasar o verán na academia”, como contan Javier Vidal e María Rodríguez, que van a Encinas para intentar aprobar en setembro as Matemáticas de 1º de ESO. Case todos “confórmanse” cun cinco. Excepcional é o caso de Adrián, que tendo aprobadas ródalas materias de 3º de ESO (“pero todo con cinco e seis”, matiza), vai dúas horas semanais para mellorar o seu francés. “A teoría seina -asegura- pero fáltame a práctica”.

“Traballar e estudar non gusta, pero pásano ben na clase”
Na academia Encinas o ambiente é algo máis distendido, aínda que sen esquecer as normas. “De entrada, traballar e estudar non gusta. Pero hai buen rollo e pásano ben na clase… Ás veces mesmo demasiado ben”, recoñecen desde o centro. “Pero tamén facemos exames e controis. É moi importante ser estritos cando é necesario”, engaden.
Entre os alumnos, a tónica xeral é a resignación. Algúns ven aspectos positivos como facer novos amigos e, claro está, a axuda que se lles ofrece para conseguir aprobar en setembro. Pero aquelo de “veño porque me obrigan meus pais” é a frase máis repetida polos mozos ós que lles toca hincar os cóbados nunhas vacacións que, deste xeito, practicamente deixan de selo.

Para ampliar información: Entrevista á profesora Vicky Núñezopinión sobre as academias.

Empresas especializadas en clases particulares de España:  Educa System, Acadomia, Talenta.

Read Full Post »