Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Saúde e Medio ambiente’ Category

Dúas novas iniciativas en favor do medio ambiente están en marcha desde hoxe. A organización ecoloxista Greenpeace está detrás da primeira: trátase dun espazo en Internet que, baixo o nome de Fotodenuncia, pretende recompilar imaxes que ilustren agresións medioambientais. O obxectivo é “implicar á cidadanía” a través da denuncia fotográfica do devandito problema.

A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, pola súa banda, vén de presentar un plan que califican de “pioneiro” e cuxa finalidade é evitar que se repitan os desastres medioambientais dos últimos anos. A súa principal medida consiste na acción de voluntarios que se encargarán de vixiar e dar a alarma ante posibles ataques á natureza.

Fotodenuncia

Fotodenuncia

Dúas das imaxes de Fotodenuncia.

Advertisements

Read Full Post »